A figura da muller reivindícase no Campus cunha premio Nobel

A vicerreitora, María Lameiras. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Campus Universitario tamén se une ós actos lúdicos, festivos e formativos adicados á muller durante o mes de marzo. Ademais de colaborar co Concello na mesa redonda 'Mulleres pioneiras, profesionais e empresarias en Ourense' (6 d e marzo), os edificios académicos desenvolverán unha programación de seu na que salienta a visita da cristalógrafa israelí Ada Yonath que, entre outros moitos recoñecementos, acadou o premio Nobel de Química no ano 2009 polos seus traballos pioneiros na estructura -- converténdose na cuarta muller galardoada con esta distinción.
Será o día 12 cando Yonath percorra a cidade cunha reunión con escolares e un seminario científico pola mañá e unha conferencia aberta a todo o público titulada 'Os froitos da curiosidade' (no salón Marie Curie do Edificio Politécnico).

En calquera caso, o Campus quere reivindicar o papel feminino na sociedade con actividades que van do 6 de marzo ó 10 de abril, datas entre as que transcorre o ciclo 'Muller, historia e cinema'. O eido audiovisual, xunto co teatro, arte, seminarios ou publicacións son algunhas das propostas que 'marcarán un antes e un despois' no traballo que a institución académica realiza en prol da igualdade de xéneros, segundo salientou a vicerreitora, María Lameiras.

Te puede interesar