Igrexa do Seminario Mayor Divino Maestro, en Vistahermosa

Igrexa do Seminario Mayor Divino Maestro, en Vistahermosa
photo_camera Igrexa do Seminario Mayor Divino Maestro, en Vistahermosa

Dende este magno edificio e igrexa situado na aba do monte de Santa Laíña apreciase o fermoso val de Ourense así como ao seu pé o paso silente do noso vello río Miño, cara o seu derradeiro destino, baixo as cinco pontes conque conta a nosa cidade.

O Seminario Maior atópase situado no alto da barriada de Vista Fermosa a carón da autovía Vigo – Madrid, A-52. Iniciouse a súa construción co obxecto de substituír a función do vello e deteriorado caserón somerxido entre as edificacións existentes da rúa Lamás Carbajal. O vello edificio xesuítico ergueito, no seu día, a carón da igrexa de Santa Eufemia, trala expulsión dos xesuítas utilizouse, entre outras funcións, como Seminario Conciliar San Fernando, grazas á meritoria labor no interese da súa creación nun centro de formación de cregos, xestión grazas á meritoria labor do bispo cardeal Quevedo e Quintano.

Ca chegada a Ourense do novo bispo o logroñés, Francisco Blanco Nájera, no ano 1944, axiña este asumiu a urxente necesidade da creación dun novo seminario mais acorde cas necesidades reais dos seus futuros usuarios, os seminaristas; así co apoio dos seus fieis colaboradores: reitor do seminario Manuel Gil Atrio, mailo equipo de construtores composto por José María de la Vega Samper, arquitecto madrileño, Francisco Saco Pato e José Leonardo Barreiro, estes dous últimos aparelladores, mailo construtor Francisco Cachafeiro co seu delegado Manuel Rodríguez Portugal, contando co encargado da obra o crego Rafel Pato Movilla ao que se sumou diversos segrares así como os pais Paúles, cregos e incluso seminaristas, todo baixo a protección da divina providencia, o novo prelado, en xuño do ano 1947, acometeu o proxecto de construción da magna obra, para unha vez rematada esta en xaneiro do 1952, entregala amorosamente aos seus queridos seminaristas, curiosamente todo acontecido poucos días antes do seu pasamento, sendo bendicida e inaugurada o día 22 de setembro do ano 1953 polo seu sucesor apostólico, Ángel Temiño ca asistencia daquelas do xefe do goberno español Francisco Franco acompañado de varios ministros 1. 

O novo e espléndido edificio relixioso e igrexa, construído en granito do país provinte das canteiras de Rande e cemento armado, adoptouse ás desigualdades do terreo do seu asento. Ten unha superficie de 13.000 m2. orientado de Este a Oeste, contando con catro plantas na parte máis alta do seminario cunha capacidade de 280 habitacións. Á igrexa, baixo a advocación do “Divino Maestro”, accédese mediante unha alta portada decorada cun moderno rosetón baixo o que loce o escudo bispal do bispo construtor, Blanco Nájera; na partes superior destaca un conxunto arcado composto de cinco seme arcos de medio punto sostidos por unha repisa corrida figurando a ambos lados da fachada sendas e fortes torres campanarios cadradas formadas por dous corpos cubertos por altas cúpulas rematadas en sendas cruces metálicas; todo nos lembra parte da arquitectura barroca galega. A igrexa, unha das maiores de Ourense ten unha lonxitude de cincuenta e tres metros o que permite unha ampla perspectiva xeral harmoniosa e desafogada. Conta co obrigatorio presbiterio o máis grande da sé episcopal, despois da catedral presidido por unha imaxe do Divino Maestro de procedencia santiaguesa; en ambos brazos do cruceiro se atopan imaxes do Sagrado Corazón e san e José ademais doutra talla de san Juan de Ávila. Os capiteis do altar maior son obra do coñecido escultor- marmorista Antonio Faíde que, fiel á súa estética historicista inspirada en el estilo románico, utiliza un bo granito da nosa terra. Unhas fermosa vidreiras polícromas, ben logradas, encargadas á acreditada empresa viguesa A Belga, no anos comprendidos entre 1951 e 1952 representan os evanxelistas, e pais da Igrexa, ademais de diversos santos: Pío X, Santiago el Maior, santa Teresa de Jesús, San Fernando, el cura de Ars e o beato Sebastián Aparicio, dun modo especial as situadas na ábsida, que inundan o interior del templo de luz natural; sumase a esta decoración as mostras de catro pinturas situadas nas pechinas da cúpula decorada con imaxes do Buen Pastor, Sembrador, Última Cena e Xesús portando a Cruz, todas elas consideradas artisticamente de mediana calidade debido á dificultade da súa realización e colocación en espazos con dificultades técnicas, executadas polo coñecido pintor ourensán Manuel Prego de Oliver, que complementan este singular recinto relixioso de corte neoclásico 2.

(1). Pato Movilla, Rafael.: El Seminario Mayor del Divino Maestro. Diario de su construción (1947-1952)

(2). Estévez Gómez, José Ramón. AICA Ediciones. 2003.

Te puede interesar