O “cofre de Nadal" reúne a 36 tendas de Barbadá

Os que fagan compras de máis de 20 euros participarán nun sorteo con agasallos valorados en 1.000 euros

"Gañas ti, gañamos todos" é o lema da campaña de Nadal para promocionar as compras no comercio local que desenvolve desde onte o Concello de Barbadás.  O obxectivo desta iniciativa da Concellería de Comercio é potenciar o comercio de proximidade. A campaña ten unha duracion de un mes e rematará o 3 de xaneiro.

Todas as persoas que merquen produtos por un importe mínimo de 20 euros en algún dos comercios que participan na campaña de Nadal recibirán unha rifa para participar no sorteo dun cofre repleto de agasallos.

Un total de 36 establecementos están involucrados na campaña, que culminará co sorteo do Cofre de agasallos valorado en 1.000 euros e que está exposto nas Oficinas Municipais da Valenzá.

O sorteo realizarase o día 4 de xaneiro en Diverlandia, actividade de ocio para os máis pequenos na que a visita dos Reis Magos encherá de ilusión o pavillón polideportivo de Barbadás.

CONCURSO DE ESCAPARATES

A campaña compleméntase un ano máis co concurso de escaparates. O público elixirá o mellor escaparate entre as 27 propostas que se presentan.

Te puede interesar