O incremento do consumo reduce o suministro de auga ás vivendas

A escasa presión coa que chega a auga a determinados domicilios do casco urbán e do rural de Ribadavia é motivo dunha queixa formulada pola oposición municipal. Concretamente, o voceiro do grupo 'popular', César Fernández, suliña que teñen detectado este problema nas zonas máis elevadas da capitalidade, nas que moitos veciños 'non dispoñan de auga quente pois os quentadores de auga non reciben a presión suficiente para funcionar correctamente'.
Unha situación que, segundo o grupo municipal do PP, tamén sufren os núcleos de poboación da periferia, nos que incluso sae dos grifos unha mínima cantidade de auga nas horas do día nas que precisamente é necesaria, coma é ao mediodía e pola noite. Por istes motivos, os 'populares' reclaman do Concello a toma de medidas para paliar estas deficiencias, xa que, para César Fernández, 'é evidente que Marcos Blanco vive sumido nunha especie de fantasía de poder, de consecuencias nefastas para os veciños'.

Por parte do equipo municipal de goberno, a falla de presión da auga ven derivada 'da repercusión que ten no consumo o incremento de poboación nestas datas, previas á celebración das festas patronais', indica Ignacio Gómez, edil de Servizos Públicos. Así, aconsella ós ribadavienses que 'moderen o gasto da auga e a utilicen só nos casos indispensables'.

Te puede interesar