Interceptado un condutor que circulaba en estado ebrio tras saltarse tres semáforos en vermello en Ourense

Un novo de 27 anos de idade foi interceptado esta madrugada pola Policía local cando circulaba co seu vehículo en estado ebrio tras saltarse tres semáforos en vermello nunha céntrica rúa da cidade de Ourense.
Segundo informou a Policía Local, o suceso produciuse ás 02.30 horas de hoxe, na rúa Progreso da capital ourensana. Unha patrulla policial sorprendeu un vehículo, un Nissan Patrol, que circulaba pola devandita vía, saltándose tres semáforos en vermello.

A patrulla logrou interceptalo na rúa Benchosey, na zona do Xardín do Posío, onde os axentes observaron que o condutor do turismo presentaba síntomas de embriaguez. A Policía Local someteu o mozo ás probas de alcoholemia onde duplicou a taxa máxima permitida, polo que foi denunciado.

Por outro lado, un novo de 17 anos de idade, resultou ferido despois de colisionar co ciclomotor que conducía contra un turismo que o precedía, á altura do número 16 da rúa Carriarico da cidade de Ourense.

O accidente rexistrouse ás 22.31 horas de onte cando o menor, que conducía un ciclomotor Rieju, colisionar por alcance contra un turismo, un Peugeot 207, cando circulaba pola devandita vía.

Como consecuencia do impacto, o novo ciclomotorista resultou ferido e foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao Complexo hospitalario de Ourense (CHOU), con feridas aparentemente leves.

Te puede interesar