FESTIVAL OUFF

'Máis ca vida' e 'Vida': desvelando a fortaleza das persoas con capacidades distintas

Ademáis do proxecto de Rubén Riós, este luns presentouse 'La novia', baseada en Lorca, e os documentais 'Zamarras negras' e '30 partidos, 30 victorias'

O Centro Cultural Ángel Valente acolleu esta mañá a presentación dos tráilers do proxecto audiovisual “Máis ca Vida” e “Vida”, do director e actor galego Rubén Riós, quen agradeceu as achegas para que esta iniciativa sexa realidade, así como o ímprobo traballo dos verdadeiros protagonistas, que por unha vez deixan de ser suxeitos pasivos. No acto estiveron presentes, ademais do propio director, a concelleira de cultura Belén Iglesias, quen valorou a iniciativa de Riós ao tempo que anunciou o importante esforzo que o Concello fai e vai facer no futuro en favor da inclusión social; o director de programación do Festival de Cine, César Silva, máis o actor e actriz protagonista, Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro, respectivamente.

Logo dun ano de ensaios e traballo con persoas deste colectivo con capacidades diferentes, o director percatouse das súas inmensas gañas de amosar ao mundo o que son capaces de facer. O seu espírito, forza e traballo en equipo foron o detonante para a realización de dúas grandes obras audiovisuais: “Máis ca Vida e Vida”, un formato pioneiro que transportará o espectador a un mundo de emocións. Segundo avanzou Rubén Riós, a estrea agárdase para os próximos meses de xaneiro ou febreiro.

O documental “Máis ca Vida” recolle as testemuñas reais do día a día que rodea ás persoas con capacidades distintas. Deste xeito, as imaxes que integran este produto audiovisual plasman os ensaios realizados de cara á rodaxe, nos que poden contemplarse os medos, alegrías, interrogantes, dificultades ou fatigas aos que tiveron que enfrontarse estes mozos e mozas. En definitiva, os seus sentimentos.

Unha vez coñecidas as inquedanzas dos protagonistas, o documental convértese nunha ferramenta idónea para contribuír a plasmar en papel todos os elementos necesarios para a creación das tramas do guión de “Vida”, unha obra de ficción creada por e para eles.

Así, “Vida” mestura a arte, entretemento e comunicación, cunha clara mensaxe social a prol da fortaleza e superación do colectivo ao que pertencen os protagonistas. Convértese na primeira experiencia audiovisual destas persoas, que, mediante a súa interpretación, trasladarán o espectador dunha maneira lúdica, positiva e realista, as diferenzas sociais existentes, invitando ao público á reflexión.

Esta obra de ficción conta ademais cun reparto artístico excepcional, integrado por actores e actrices recoñecidos como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera ou Luis Iglesia, entre outros. Mariana Carballal e Estíbaliz Veiga estiveron tamén na sala no momento da presentación, acompañadas polo equipo do proxecto vida e familiares e amigos do colectivo.

“La novia”, de Paula Ortiz, trae a Ourense a visión cinematográfica de “Bodas de sangre” de Lorca

“La novia”, película de Paula Ortiz que compite dentro da sección oficial do Festival de Cine Internacional de Ourense, recrea a particular visión da autora da inmortal “Bodas de sangre” de Federico García Lorca, aínda que “manteniendo el texto y la poética en la que se combinan imagen y literatura”, segundo afirmou Luisa Gavasa, actriz que interpreta a nai no célebre drama lorquiano, papel que, segundo apuntou a propia Gavasa, foi “suavizado” pola directora con respecto ás versións teatrais. En cambio, “potencia mucho la figura del novio”.

Gavasa, encargada de presentar a obra por ausencia da directora debido a compromisos profesionais inaplazables, destacou a complexidade da obra, aínda que o esforzo se viu compensado “por el resultado” e, no seu caso concreto, “el papel de la madre me ha reportado mucha satisfacción profesional”.

Fixo alusión aos atentados de París dicindo que “en estos momentos tan duros, el cine, la poesía y la belleza artística es un espacio para refugiarse y luchar contra tanta barbarie”.
 

“Zamarras negras” e “30 partidos, 30 victorias”, dous fitos na historia lúdica de Ourense

Dentro das seccións paralelas do Festival de Cine Internacional de Ourense, tivo lugar a presentación de dous documentais que refiren dous fitos na historia de Ourense: por unha banda, a figura dos cigarróns, personaxe ancestral arredor do que se move o entroido de Verín e, pola outra, a lembranza da campaña feita polo desaparecido Clube Deportivo Ourense na temporada 67-68, na que gañou os 30 partidos da competición ligueira, récord ainda non batido dende entón en toda a historia da liga española, segundo afirmou o director do traballo, Carlos Bermello.

A idea da rodaxe xordeu xusto despois de que o clube se desintegrase, a petición dalgúns aficionados, que aspiraban a lograr que algún documento perpetuase a memoria do que fora o equipo da capital durante máis de medio século e no que hai momentos tan importantes como o subliñado no documental. Bermello aceptou o reto e empezou a buscar documentación ata lograr tres horas de gravacións, “que logo tiven que ir cortando para deixalo en hora e media”.

En “Zamarras negras”, pola súa banda, Iris Justo elaborou un documental que trata a figura do cigarrón, que é o personaxe emblemático do entroido de Verín. Valeuse para elo dun grupo de amigos denominados “Zamarras negras”, e a autora foi recollendo a participación do colectivo no singular entroido. Justo sinalou que este traballo foi un paso importante na súa incipiente carreira. O documental “significou un paso adiante para min á hora de concibir o traballo”.

Bernardo Arellano afonda na soidade dos maiores en “El comienzo del tiempo”

Bernardo Arellano, director de “El comienzo del tiempo”, a súa exitosa película, afirmou na presentación na sala Valente que “fue difícil lograr apoyos” para facer realidade a historia. “Quería contar la vida de mis abuelos, con los que apenas había tenido relación a lo largo de mi vida e introducir la actualidad política mexicana y abordar la cuestión de la enorme corrupción que existe en mi país; este aspecto complicó el proyecto, aunque finalmente fue posible”.

O resultado foi frutífero para o autor, pois “El comienzo del tiempo” foi galardonada como mellor película latinoamericana no Festival de Málaga e mellor película estranxeira no certame de Pekín.

A película serviulle a Arellano para “reconciliarme con mis abuelos, pero también provocó una profunda transformación personal después de trabajar con personas marginales”, feito que o impulsará a tratar de insistir en proxectos de fondo contido social, aínda sendo consciente de que facelo en México significa traballar nun país “con un gobierno corrupto, con los jóvenes desmotivados, con mucho miedo, con el escándalo de niños desaparecidos…”. Se non logra facer realidade os seus proxectos, valoraría “hacerlo fuera, pero quiero estar en mi país”.

Te puede interesar