FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE

Os escolares cineastas recolleron os seus premios nunha gala especial

Ourense. 16-11-2015. Ouff na Escola, entrega de premios. Paz
photo_camera Parte dos nenos gañadores do certame de cine OUFF Escola suben o escenario para recibir o premio.

A sexta edición do certame de cine OUFF Escola concitou no Auditorio a xoves creadores e público para ver os traballos 

A sexta edición do certame de cine OUFF Escola xa ten os seus gañadores, que recolleron onte os premios nun Auditorio cheo de público, e que contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde, Jesús Vázquez. 

O rexidor recoñeceu que o acto escolar é un dos que máis o satisface, “porque é o día no que os nenos e nenas vides a Ourense non só a ver cine, senón a ver o voso cine. As vosas creacións, que tan ben traballades durante o curso co apoio dos vosos profesores, agora chegan aquí para ser proxectadas diante dos colexios de toda Galicia”.

Nesta edición presentaronse un total de 136 proxectos, procedentes das catro provincias galegas, sendo a de maior aportación A Coruña, e máis de 2.300 rapaces.

O alcalde recalcou que “teño moi claro que sodes o futuro do noso festival. O Ouff Escola é unha plataforma fantástica para que vos animedes a traballar no audiovisual, e que o fagades dende as vosas propias experiencias, dende a lingua propia de Galicia, na que tamén temos que crear estas obras que logo circulan polas redes a todas as partes do mundo”.

O certame de cinema OUFF Escola ten como obxectivo impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e máis o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a formar un espírito crítico. 

Ademais busca potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino, e crear un espazo de referencia para o audiovisual feito nas aulas.

As obras presentadas tiveron que cumprir varios requisitos: estar en lingua galega, non comercializadas e cunha duración máxima de 20 minutos, entroutras esixencias. O xurado valorou os seguintes criterios: calidade das obras, orixinalidade dos argumentos, autenticidade e calidade no uso da lingua, potenciación de valores democráticos e de tolerancia, e o uso creativo das novas tecnoloxías e das ferramentas de.

Vázquez rematou cunha felicitación ao alumnado, ao profesorado e "a todos cantos facedes posible que o Festival de Ourense sexa tamén distinto nisto: Na asistencia de escolares de toda Galicia e tamén de Ourense que hoxe vivides unha experiencia que só pode ofrecer esta cidade que é tan fermosa e acolledora”.

Te puede interesar