Editor

MANUEL MOLEIRO: 'Os que adquiren códices teñen en común que son personas cultas'

Manuel Moleiro
Saiu do seu Cea natal hai uns 40 anos, chegou a Barcelona para estudar Xornalismo, fundou unha editorial e converteuna na máis prestixiosa do mundo en canto a reproducción de códices. Manuel Moleiro inaugura o venres no Centro Cultural da Deputación a mostra '20 anos de mecenado, conservación e difusión da arte da miniatura'.
Que poderán ver os ourensáns nesta exposición?
É unha mostra realmente excepcional, con case 40 xoias bibliográficas de primeirísma orde. Algunhas foron pintadas en España e outras en puntos como Lisboa ou París. As persoas que se acheguen ó Centro Cultural farán unha viaxe ós centros de coñecemento da man dos mellores tesouros bibliográficos.

Cal é a xoia da coroa desta mostra?
É a xoia desta mostra e de toda a colección, a Biblia San Luis, que actualmente está na catedral de Toledo. Non é porque sexa unha biblia, senón porque foi pintada para o rei Luis IX de Francia e conta con 4.887 pinturas diferentes. Xornais coma o The Times considérano a mellor pinacoteca, porque non hai ningún museo con tantos cadros. É unha obra recoñecida a nivel mundial.

Víñenme de Ourense para estudar Cine e, xa en Barcelona, fixen Xornalismo. Estando na carreira, comecei a traballar cos libros e en 1991, pensei nesta editorial para reproducir tesouros que estaban en bibliotecas e que, polo seu valor, permanecen escondidos.

A pesar de todo, foxe do termo facsímil. Por que?
Le Monde dixo que non se podían clasificar como tal, senón que máis ben son clons. O que facemos é reproducir ata os defectos e danos que teñan. É unha cousa ben complicada porque tamén temos que preparar os soportes.

Si, require un estudo previo porque son primeiras edicións irrepetibles e certificadas notarialmente. A persoa que posúe un exemplar destes, ten un tesouro. Cada un acompáñase dun anexo documental que lle encargamos ós mellores expertos do mundo.

Con que criterio escollen os títulos?
É unha decisión baseada na filosofía de que sexan obras mestras. Ten que ser un códice interesante no seu contido pictóricos pero tamén en conxunto e que non se tiveran feito nunca antes.

O público que os adquire é especializado?
A única característica común é a de ser persoas cultas, pero poden estar en calquera parte. Temos un cliente, por exemplo, en Washington, enxeñeiro nuclear de profesión. Pero o noso é un público fiel, é rara a persoa que ten un só título.

Te puede interesar