CRÓNICA

“A maquillaxe dá un toque de vida a mulleres con cancro”

As maquilladoras voluntarias ensinando ás pacientes de cancro a coidar a súa pel, onte.
photo_camera As maquilladoras voluntarias ensinando ás pacientes de cancro a coidar a súa pel, este martes.
O taller “Ponte guapa, te sentirás mellor” pretendeu diminuír os efectos físicos dos tratamentos oncolóxicos e aumentar a autoestima e a autopercepción das 12 pacientes participantes

Coidar a autoestima é un acto importante de autocuidado para todas as persoas. Máis aínda cando os efectos dos tratamentos oncolóxicos danan o aspecto físico e o benestar mental dos pacientes. Para isto, o Servizo de Atención ao Paciente e Humanización da Área Sanitaria de Ourense e a Fundación Stanpa ofreceron onte un novo obradoiro presencial para o coidado da pel e maquillaxe orientado a apoiar a mulleres con cancro. Nesta ocasión participaron 12 pacientes que quixeron aprender estas técnicas de coidado para restablecer a súa propia imaxe, recuperar a autoestima e levar adiante a súa loita contra a enfermidade con maior confianza, a través da implantación en España do programa internacional “Ponte guapa, sentirás mellor”.  

A actividade comezou ás 11,30 da mañá e contou coa presenza da directora de programas da Fundación Stanpa, María Muñoz Benavides, dous profesionais de estética voluntarias que impartiron o obradoiro, Eva Casas e Lourdes Sorga, a supervisora de Enfermaría da Unidade de Oncoloxía, Loli Fernández, e a coordinadora de voluntariado da AECC en Ourense, Belén Pérez Ramos.  “Las pacientes están muy ilusionadas de aprender técnicas para cuidar la piel. Durante los tratamientos de oncoloxía, la piel está mucho más seca, entonces les damos consejos básicos para tratar la piel y después  les damos  clase para pintarse las cejas y tener buenas pestañas”, explica a directora  da  fundación colaboradora  Stampa, María Muñoz Benavides.  

Unha actividade que segundo a organización da actividade é beneficiosa para o benestar psicolóxico dos pacientes que sufren de cancro. “Estar con un aspecto más saludable siempre aumenta más la autoestima de las pacientes”, resalta Benavides. Pola súa parte, a coordinadora de voluntariado da AECC en Ourense, Belén Pérez indicou que é “un pracer  axudalas e facelas sentir mellor. Tamén é un momento lúdico para estas pacientes”.

A paciente Yrma Gutt aconsella a todas as persoas que pasan a enfermidade a participar no curso: “Vin o cartel do obradoiro na sala de oncoloxía e apunteime a pesar de non ter moita idea de maquillaxe, xa que este tipo de actividades axudan a levantar o noso estado de ánimo”. 

Máis tarde e tras hidratar apropiadamente a pel, as voluntarias ensinaron ás pacientes a facerse a maquillaxe. Unha das maquilladoras voluntarias, Eva Casas indicou que “es una propuesta alucinante y ellas me han dado un toque de vida”.  A actividade rematou sobre as 12 da mañá cunha perspectiva positiva para unha ducia de mulleres.  n

Te puede interesar