Un espectáculo de 'circo musical burlesco' e un número de ?danza darán inicio ás actividades teatrais dentro dos espazos pechados

A Miteu sae ás rúas para anunciar a chegada do teatro

Rosaura chegou onte ata o Parque de San Lázaro para anunciar o comezo de 15 días de teatro na cidade. Alumnos do primeiro nivel da Aula Universitaria de Teatro percorreron as rúas máis céntricas de Ourense en busca das artes escénicas. Desfiles, paradas, colorido e espectáculo ata chegar ós Xardíns do Padre Feijóo nun percorrido no que camiñaron acompañados de música en directo deron paso ás actuacións en espazos pechados.
Xa dende a primeira xornada, a Miteu mostrou a súa faciana máis internacional. O primeiro grupo en actuar foi o francés 'Les triples croches'. Procedentes de Lyon, visitaron España por primeira vez nesta ocasión para ofrecer o espectáculo 'Jamais deux sans trois', cheo de música, teatro e circo que deixan ver o eido multidisciplinar sinalado polo director do certame, Fernando Dacosta. Dirixidos polo 'clown' Roger Bories, 'Les triples croches' non foron quen de chegar a ofrecer un concerto na hora e cuarto que durou a obra. Niso consistía o argumento, nos intentos de tres personaxes -músicos e artistas de circo- por dar un número musical.

Pecharon o día un da Miteu e día un do mes de abril varias pezas de danza no Auditorio. 'Anclaje', 'Ellas', 'Rede na rede' e 'Próxima estación' chegaron da man de diferente colectivos artísticos galegos (Aula de danza do Campus de Ourense, Miriam Centro de Danza, Aula de Danza da Universidade da Coruña e Espazo de Danza do Campus de Lugo da Universidade de Santiago).

Te puede interesar