Os nenos conmemoran o Día Europeo dos Parques

Os parques naturais do Invernadeiro e do Xurés acolleron onte, no marco da celebración do Día Europeo dos Parques Naturais, unha serie de actividades dirixidas a escolares co fin de dar a coñecer os valores naturais e culturais destes espazos.
Os alumnos do Instituto de Bande participaron onte nunha visita guiada polo parque natural, incluíndo unha ruta de sendeirismo ao longo dun treito da Vía Nova. As actividades prolongaránse nas vindeiras datas con charlas e obradoiros para os escolares da zona.

O Invernadeiro xa albergou dende o mércores actividades para un grupo de escolares e de Sanxenxo que gozaron do contacto coa natureza durante estas xornadas. Onte, desenvolveuse unha charla sobre os parques naturais e a importancia da súa conservación na Aula da Natureza.

Te puede interesar