NÓS

Noa Presas: "Queremos as competencias en materia laboral para que Galiza regule traballos e salarios dignos"

OURENSE. 16.12.2015 ATENEO, ACTO DE CANDIDATURA NOS - BNG. NOA PRESAS, OSCAR RODRIGUEZ Y BELEN MARTINEZ. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Óscar Rodríguez, Noa Presas e Belén Rodríguez, durante o acto no Ateneo. (MIGUEL ÁNGEL)

Insistiu, ante un amplo grupo de representantes sindicais, que a candidatura galega persigue “reclamar as competencias en materia laboral para regular nós as condicións e salarios"

“Queremos traballo, queremos condicións de traballo dignas e queremos salarios dignos”, dixo Noa Presas, a cabeza de lista de NÓS Candidatura Galega por Ourense, esta tarde no Ateneo da capital ante medio centenar de traballadoras e traballadores. “Por iso, fronte o desemprego masivo non nos vale a precariedade masiva”, subliñou Presas, antes de explicar que “para ter salarios dignos, propoñemos subir o SMI; para termos condicións de traballo dignas, precisamos recuperar as garantías laborais e dotar de máis medios á inspección; e queremos traballo; e para ter traballo, propomos crear empregos vinculados os servizos públicos e rebaixar a presión fiscal sobre o pequeno comercio e as pequenas empresas”.

Noa Presas, que estivo acompañada por Belén Martínez, secretaria de organización da CIG, e por Óscar Rodríguez, membro da candidatura ao Congreso e delegado sindical do metal, recordou que en Galiza os salarios están á cola de España, mentres é aquí onde máis horas se traballa. Insistiu en que de NÓS Candidatura Galega promoverá no Congreso a derrogación da reforma laboral e a prohibición dos contratos lixo.

Insistiu, ante un amplo grupo de representantes sindicais, que a candidatura galega persigue “reclamar as competencias en materia laboral para regular nós as condicións e salarios e crear un marco galego de relacións laborais que favoreza a negociación colectiva desde aquí”. Presas declarou que milita no nacionalismo político e sindical, “porque o nacionalismo sempre me defendeu alí onde tiven que loitar como moza, como muller ou como traballadora” e agradeceu o traballo da CIG a favor da clase traballadora. Ademais, insistiu “ter soberanía política é fundamental para presionar ás empresas e que non deslocalicen os servizos”.

Te puede interesar