A Ribeira Sacra busca na castaña o futuro do rural

Reunión entre la Xunta y el Concello.
A Universidade de Vigo está a caracterizar os soutos de Galicia para un plan de recuperación 

Nogueira de Ramuín recuperará soutos abandonados co obxectivo de diversificar a actividade económica e sacar proveito á comercialización da castaña. 

O alcalde de Nogueira, José César Parente, reuniuse este mércores co conselleiro de Medio Rural, José González; a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez. 

A Universidade de Vigo, segundo se explicou na xuntanza, está caracterizando os soutos tradicionais de  Galicia, das plantacións de castiñeiros máis recentes e das mesturas de soutos de castiñeiros con outras frondosas. 

Este traballo permitirá crear un inventario para elaborar posteriormente un plan de recuperación, que inclúe actuacións na Ribeira Sacra e Nogueira de Ramuín. Analizarase nelas a viabilidade de xestión, transformación e comercialización daqueles soutos tradicionais da castaña, que permite a xente vivir do rural. 

Arranxo en Ramuín

Asemade, ambos dirixentes acordaron que o proxecto que se levará a cabo dentro de Programa de Infraestuturas Rurais 2021 é  o arranxo e construción de muros de contención de taludes no camiño de “A casa”, no lugar de Ramuín, por un importe de 50.000 euros. 

Na xuntanza, o conselleiro tamén trasladou a Parente as oportunidades  da recén aprobada Lei de recuperación de terras agrarias, que axudará a mobilizar fincas. 

Te puede interesar