saúde

O CHUO acolleu unha xornada de endoscopia en directo

Con motivo da "II Xornada de Actualización Endoscópica", organizada polo Servizo de Aparello Dixestivo, acudiron ao hospital diferentes especialistas de Galicia e Portugal, así como Isaac Raijman, da Universidade de Houston e membro da Digestives Associates

As técnicas máis actuais aplicables ao estudo e tratamento, vía endoscópico, das vías bilares e pancreáticas, mediante unha colangioscopia, foron este luns abordadas mediante a conexión en directo con dous dos quirófanos intelixentes do Hospital Universitario de Ourense, no transcurso da “II Xornada de Actualización Endoscópica” organizada polo Servizo de Aparello Dixestivo.

A colangioscopia é unha técnica adicional á colangiopancreatografía retrógrada endoscópica, máis coñecida polas súas siglas CPRE, e constitúe un dos maiores avances no tratamento das vías biliares e pancréaticas dos últimos anos, xa que permiten seu estudo e tratamento, con maior detalle e precisión, grazas a visualización directa do interior destes estreitos condutos.

La Región 1_result


Entre o panel de expertos cos que contou a xornada, destacou a presenza de Isaac Raijman, da Universidade de Houston e membro da Digestives Associates, que explicou os pormenores dalgunhas aplicacións e técnicas, nas que é referente, e xa están sendo aplicadas en distintos hospitais de Europa, entre os que figura o de Ourense, pioneiro en Galicia na aplicación deste procedemento


O Dr. Raijman destacou, entre as vantaxes da colangioscopia, a capacidade de poder ver dentro da vía biliar, permitindo observar lesións moi pequenas, pero tamén tratar, tomar tecido para biopsias, ou dirixir o tratamento sen necesidade de realizar unha cirurxía, destacando que na actualidade esta é en Estados Unidos a vía de tratamento maioritaria, tendencia que se está a implantar no conxunto de países europeos.

Nesta edición, realizáronse, ao longo da mañá catro intervencións en paralelo, nos dous quirófanos intelixentes, con plena conectividade tanto de redes como de audio/vídeo, con retransmisión en directo, de imaxe e son, á sala de docencia, o que permite a interacción entre os participantes e o equipo médico durante o transcurso das mesmas.

La Región2_result

Á xornada, promovida por Eloy Sánchez, xefe do Servizo de Dixestivo do CHUO,  acudiron endoscopistas de Portugal, Galicia, Asturias e León, e contou coa participación doutros recoñecidos expertos, como Pedro Pereira, do Hospital San Joao de Oporto, Luis Lopes, do H. Santa Luzia de Viana do Castelo, e Leopoldo López, do HU de Lugo.


A extensión destas técnicas é cada día maior, de feito, tan só en 2017, no CHUO realizáronse 13.033 endoscopias, delas ao redor 500 CPRE e destas ao redor de 25 colangioscopias, a metade xa de carácter terapeútico e resolutivo e o resto diagnósticas


O Servizo de Dixestivo de Ourense foi pioneiro na implantación en Galicia, fai xa dez anos, das técnicas que centraron a xornada deste luns. Estudos diagnósticos e terapeúticos nos que Ourense continúa a ser referente galego, co maior número de procedementos realizados anualmente a nivel autonómico, ademais de ser centro de formación nesta técnica para especialistas doutros hospitais do noroeste de España e norte de Portugal.

Te puede interesar