CIDADE

As obras do Centro Interxeracional marchan "a bo ritmo" segundo o Concello

Na parcela, sita na rúa Ramón Abellás, xa se comeza a vislumbrar a estrutura do edificio

As obras do Centro Interxeracional que está a construir a Fundación Amancio Ortega en Mariñamansa marchan "a bo ritmo", segundo o Concello de Ourense. Na parcela xa se comeza a vislumbrar a estructura do futuro edificio, que contará con equipamento para escola infantil de 6 unidades e centro de formación e aprendizaxe para persoas maiores na rúa Ramón Abellás. "Un dos proxectos máis singulares e importantes da cidade" que financiará íntegramente a Fundación Amancio Ortega. O proxecto está redactado polo arquitecto Rafael Pier Romero.

O Concello fala dun "centro pioneiro", que albergará nun mesmo contorno unha escola infantil, que estará integrada dentro da Rede de Escolas Infantís de Galicia, e un centro para persoas maiores para a promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia. Ubicarase na rúa Ramón Abellás, en terreos achegados polo Concello, cunha superficie total de 4.480,80 metros cadrados. 

Te puede interesar