A organización das festas de Cea pode rematar nos xulgados

Un promotor de espectáculos de Chantada (Lugo) estudia presentar unha denuncia contra a comisión de festas de San Cristovo de Cea, ó considerar que a organización lle contratara dúas orquestras, que non puideron actuar. Manuel Viñas sinala que 'contrataron na miña empresa, Espectáculos Viñas, e logo con outra'.
O empresario lugués refírese a Espectáculos Otero, de Ourense, quen finalmente asinaría o contrato definitivo coa citada comisión, de xeito que as dúas orquestras vencelladas ó seu responsable, Manuel Otero, foron as que amenizaron a verbena en Cea o pasado domingo.

Antes desta actuación, chegaron ó campo da festa dous trailers cos dous grupos musicais enviados por Viñas, provocando un altercado ó que deu fin a Garda Civil da localidade. O presidente da comisión, Emilio Antonio, asegura que 'nós non contratamos nada a Viñas, e ó mellor acaba no xulgado'.

Te puede interesar