O ourensán Alfredo Conde presenta o día 19 o seu novo libro

O escritor Alfredo Conde.
photo_camera O escritor Alfredo Conde.

Alfredo Conde presentará su último libro, "A conto do político e A propósito de lo político", el 19 de enero en el Liceo de Ourense

O escritor ourensán e colaborador de La Región Alfredo Conde presentará o próximo 19 de xaneiro, venres, o seu último libro, A conto do político e  A propósito de lo político, editado por Ézaro Ediciones simultaneamente en galego e castelán. A cita será no Liceo, ás 20,00 horas. Acompañarán ao autor na presentación José Ángel Vázquez Barquero, profesor da Universidade de Vigo, e Felipe Ferreiro, presidente de Cruz Vermella Ourense.

Conde narra a súa navegación pola vida política galega e española. É un libro insólito, inzado de referencias a persoas e institucións, caracterizado por un estilo mordaz e irónico e escrito desde unha perspectiva libre e independente, pondo o foco na realidade que subxace ao mundo político.

As súas últimas obras foran Hombres de hierro e  A propósito de Fraga.

Te puede interesar