CIENCIA

Ourense acollerá medio millar de proxectos científicos nunha nova edición de Galiciencia

Enxeñeiros chegados dende Galicia, Euskai e Cataluña exporán os seus traballos entre os días 18 e 20 de este mes.

Ourense acollerá, entre os días 18 e 20 deste mes, a décima edición da feira científica Galiciencia, na que se exporán un total de 74 enxeños e inventos de Galicia, Euskadi e Cataluña.

Diso informou a organización deste evento a través dun comunicado, no que sinalou que, cos deste ano, se alcanzarán os 500 proxectos expostos e se superarán os 20.000 visitantes.

Nesta edición mostraranse, entre outras iniciativas, unha carrilana "de tecnoloxía punta", un bastón robotizado para invidentes, unha plataforma de compravenda de produtos agrícolas "sen intermediarios" e un espantallo móbil para as viñas.

Te puede interesar