A banda de música e a coral 'Vellos Amigos' actuaron no Liceo para homenaxear ó músico

Ourense canta o seu himno para lembrar a De Dios

A banda de música de Ourense e o director, Francisco Pérez, agradecen os aplausos do público. (Foto: FOTOS: MIGUEL ÁNGEL)
Era a primeira vez que música e voz se unían para interpretar a peza musical 'Ourense no solpor', composta por Manuel de Dios e chamada a ser o himno da provincia, de xeito que o Salón Nobre do Liceo foi o marco elixido para que a banda municipal da cidade e o corro 'Vellos Amigos' se unisen nun concerto homenaxe ó que fora director da Coral de Ruada.
O coro cantou a unha soa voz empregando como acompañamento musical unha versión instrumentada polo clarinetista e antigo director da banda Nicanor Domínguez. Foi así como pecharon o recital animando ós gobernos municipal e provincial a sentar as bases converter a peza no himno oficial, posto que Manuel de Dios -que faleceu no ano 2009- recibiu unha póstuma Medalla de Ouro da provincia e proximamente terá o Concello da cidade resolverá un expediente de honra co seu nome.

Antes de chegar ó que fora o momento máis emocionante para o público, que encheu a totalidade do aforo do Liceo, tanto a banda de música como a coral interpretaron varias pezas da autoría de De Dios. Representantes institucionais coma o alcalde, Agustín Fernández, ou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, non quixeron faltar a esta cita.

Te puede interesar