EN LA CIUDAD

Música para homenaxear a figura do mestre Vide

A xornada do vindeiro martes comezará cunha ofrenda floral no panteón do Orfeón Unión Ourensana aos seus directores, no cemiterio de San Francisco.

Música para homenaxear a figura do mestre Vide

O 125 aniversario do nacemento do mestre Vide (Ourense, 1893-1981) celebrarase na cidade con diversas actividades culturais durante a xornada do próximo martes. José Fernández Vide foi unha figura moi vencellada á cultura musical galega e ourensana, que mostrou na súa estancia no estranxeiro, en Cuba. A Deputación de Ourense colabora, xunto co Concello da cidade, na programación dos actos conmemorativos, impulsados polo músico Óscar Ibáñez. Durante o acto de presentación da xornada estiveron presentes o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde e a concelleira de Cultura da cidade, Jesús Vázquez e Belén Iglesias; a neta do homenaxeado, Carmen Vide; o músico Óscar Ibáñez e o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo. Carmen Vide quixo aproveitar a ocasión para entregarlle a Foxo unha gaita que o seu avó trouxo de Cuba en 1932, e que pasará a formar parte do museo internacional de Cornamusas, da Deputación de Ourense.


PROGRAMACIÓN


A xornada do vindeiro martes comezará cunha ofrenda floral no panteón do Orfeón Unión Ourensana aos seus directores, no cemiterio de San Francisco. Coral de Ruada será a encargada de amenizar o acto, para o que interpretará "Alalá de Ourense" e "moriña", pezas de Vide. A continuación, un grupo de gaiteiros da Escola de Gaitas da Deputación recordará a súa muiñeira inédita, titulada "Muiñeira para gaita tombal e tamboril". Xa na quenda de tarde, o musicólogo Javier Jurado guiará unha conferencia homenaxe ao mestre no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ás 20,00 horas.