CERTAMEN

Parada de Sil entrega o seu premio de fotografía

O acto de entrega terá lugar no salón de plenos do Concello

O Concello de Parada de Sil, que dirixe Yolanda Jácome, fará entrega hoxe, ás 19,30 horas, do Premio da décima edición do Concurso de Fotografía Rosa Pons, que está dotado con 2.000 euros. O acto de entrega terá lugar no salón de plenos do Concello, estará presidido pola alcaldesa, Yolanda Jácome, e contará coa presencia do mecenas do certame, o empresario orixinario de Parada e afincado en Barcelona Camilo Yáñez Pons.

O gañador desta edición do Concurso foi Roberto González Fernández, de Parada de Piñor, Concello de Barbadás, na modalidade de "Visións de Parada de Sil". Este premio está dotado con 800 euros e a foto gañadora foi  "Outra mirada", feita no mirador de Triguás. En segundo lugar quedou clasificada a foto "Belleza convulsiva que invita al misterio", de Rosa Villar Pumar, de Vilariñofrío, que recibirá 300 euros.

Na categoría libre, o premio, dotado con 700 euros, foi para Julio López Morata, de Zaragoza, pola fotografía titulada "Acechada".

Te puede interesar