Pereiro aproba o seu orzamento máis alto: 6,8 millóns de euros

Fachada del Concello de Pereiro de Aguiar.
photo_camera Fachada del Concello de Pereiro de Aguiar.

O goberno de Luis Menor consegue a abstención do PSOE para unhas contas que destinan un 15% a investimentos

O Concello de Pereiro de Aguiar vén de aprobar os orzamentos máis altos da súa historia, que suman 6,81 millóns de euros, 110.000 euros máis que no exercicio anterior, malia a conxelación na participación do Concello nos tributos do Estado, que supón unha mingua considerable de ingresos. O alcalde, Luis Menor, estendeu o clima de diálogo imperante na Deputación ao seu Concello, ao acadar a abstención do PSOE. Iso si, o BNG votou en contra. 

Nas novas contas destaca a aposta polos servizos sociais, igualdade, conciliación e apoio ás familias, unha partida que leva 1,13 millóns. Do mesmo xeito, a educación, a cultura e o deporte recibirá outros 565.000 euros. Os investimentos reais suporán 1,13 millóns, unha sexta parte do montante total do orzamento municipal aprobado. 

Outros aspectos salientables son o mantemento da débeda cero e, como subliña Menor, “que non se aumentou ningún imposto nin taxa municipal”. Asemade, o remanente de tesourería supera os 245.000 euros. 

No apartado de investimentos, ao que se destinan 1,3 millóns, destaca a partida para o parque empresarial, que se aumentará en máis de 230.000 metros cadrados, xa está “máis do 70% da superficie reservada”, recalca Menor.  Tamén destaca a ampliación do Ben Cho Shey e a construción dun instituto

Te puede interesar