CITA GASTRONÓMICA

Os produtos típicos, protagonistas na segunda edición do Sabores de Ourense

Os produtos típicos serán os protagonistas da segunda edición da cita gastronómica Sabores de Ourense que este ano contará con catro carpas

Ourense disfrutará dende maña ata o próximo 3 de xuño a segunda edición do Sabores de Ourense. Entre 12,00 e as 14,00 horas, os ourensáns poderán achegarse a descubrir pinchos, tapas e pratos tradicionais por un precio que vai dende os dous euros a tapa ata os 11 euros nos pratos máis elaborados

Haberá catro carpas nos que se ofrecerán diferentes comidas. Unha na que se poderá mercar comida para levar para a casa, outra que ofrecerá pinchos e tapas típicas, outra para produtos á prancha e unha última  especializada en polbo, lacón e pratos tradicionais.

Ademáis, esta cita gastronómica recupera unha das iniciativas máis valoradas nas últimas edicións das Festas de Ourense, unha carpa especializada en mojitos.

Te puede interesar