O PSdeG critica os continuos cortes de auga en Padrenda

O portavoz socialista no concello de Padrenda, Francisco Estévez, denuncia o corte da auga de forma indiscriminada e sen ter en conta as necesidades dos veciños por parte do alcalde desta localidade.
Estévez considera un auténtico despropósito o feito de que a pesar de dispoñer a localidade de Padrenda dun depósito de auga para máis de 5.000 habitantes, 'por certo feito polos socialistas durante o goberno bipartito', o concello non ofrece os servizos básicos de saneamento e corta de forma aleatoria e indiscriminada o subministro de auga.


NIN PAN NIN CAFÉ

'Nin os veciños nin os comercios, nin as cafeterías poden funcionar con normalidade. Onte por exemplo, ás 17.30 horas non había auga, nin para facer cafés nin para facer o pan, algo que por desgracia é habitual', afirma Estévez.

Te puede interesar