PARTIDOS

O PSdeG de Piñor reclama a convocatoria do pleno ordinario

Engade que o alcalde ten moito que explicar, comezando polo colapso que xerou a regularización castatral

Os socialistas de Piñor afirman que en medio ano só se convocou un pleno, no pasado mes de marzo, cando deberían celebrarse tres. "O grupo de goberno de Piñor non quere render contas nin ser fiscalizado", sinalan. Francisco Fraga, portavoz socialista municipal, considera que “o alcalde debe ter vergoña da súa acción política por iso se nega a convocar os plenos ós que a lei lle obriga, impedíndonos que exerzamos o noso dereito como concelleiros da oposición e grupo político máis votado”.

Fraga advirte que “de non se producir a convocatoria inmediata do pleno ordinario, que xa toca neste mes, convocaremos nós mesmos un pleno extraordinario". Engade que o alcalde ten moito que explicar, comezando polo colapso que xerou a regularización castatral. 

Te puede interesar