ELECCIONES

O PSOE elixe a Pilar Barrueco como candidata en Chandrexa

Pilar Barrueco Salvador
photo_camera Pilar Barrueco Salvador.

A actual portavoz do PSdeG repite candidatura coa esperanza de arrebatarlle a maioría absoluta ao PP

A agrupación municipal socialista de Chandrexa de Queixa elixiu a Pilar Barrueco Salvador como a súa candidata a alcaldía da localidade. A actual portavoz do PSdeG repite candidatura coa esperanza de arrebatarlle a maioría absoluta ao PP "para darlle un cambio completo o municipio". Pilar Barrueco remarcou que "o concello non funciona, sen ir máis lonxe temos graves problemas nos servizos sociais, sendo un concello moi envellecido. Contamos con tan só dúas traballadoras que non dan atendido a gran demanda de asistencia", e apunta que "temos que facer políticas para a xuventude e evitar que os poucos que quedan marchen, ademais de atraer poboación".

A candidata tamén se refire a que "as estradas cada vez parécense máis a camiños, xa que o goberno local non as arranxa, nin fai as obras pertinentes para mellorar as comunicacións", e critica a falta de puntos de auga para a gandería.

Te puede interesar