As reformas no casco vello de Ribadavia baixan á metade

Os recortes efectuados pola Xunta debido á crise económica están a repercutir na recuperación do casco histórico de Ribadavia, suxeito dende o ano 2000 a un Plan de reforma integral (Peri). Concretamente, nos últimos dous anos, o número de proxectos presentados por propietarios de vivendas para a súa rehabilitación reduciuse á metade, según manifestou o alcalde do municipio, Marcos Blanco.
'Mentres no 2009 o número de licencias para reformas que se tramitaban na oficiña do Peri oscilaba entre as 15 e as 20, na actualidade baixaron a un promedio de 10', asegura o rexidor socialista. As autoridades municipais achacan este retraemento dos promotores ás rebaixas que o Goberno autonómico introduciu nas chamadas cédulas de rehabilitación e renovación de vivendas.

No primeiro apartado, a subvención a fondo perdido por proyecto pasou nos dous últimos anos de 24.000 a 6.600 euros e, no segundo, de 30.000 a 8.800 euros, de xeito que o recorte resultante é dun 72%. Nembargantes, Marcos Blanco suliña que 'o pior é que este decrecemento na execución de proxectos está a repercutir negativemente no sector da construcción, que é o máis afectado pola crise'. Entre os profesionais que perden traballo destacan os autónomos locais de albanelería, carpintería, pintura e decoración.

Te puede interesar