O servizo wifi do Concello rexistra 302 altas en sete días

O novo servicio gratuíto 'Ourense Wifi', promovido polo Concello, leva rexistradas un total de 302 altas dende que hai sete días se puxo en marcha.
Segundo confirma a empresa concesionaria da explotación do servizo, Gowex, o número de altas de Ourense nunha semana supera as conexións establecidas no mesmo período en cidades como Madrid, Valencia, Avilés, Málaga e as restantes localidades nas que prestan servizo en España. O concelleiro de Economía e Facenda, Agustín Fernández, destacou que 'aínda que é unha aposta arriscada por novidosa, cónstanos que persoas de tódalas idades xa se deron de alta'. A rede 'Ourense Wifi' permite a conexión gratuíta a internet dende 13 espacios da cidade e 14 puntos do rural, a unha velocidade que alcanza os 512 kilobytes. A conexión permite consultas como o correo, visitas a webs ou lecturas de prensa.

Te puede interesar