Xantar 2015 incidirá na dieta sostible e saudable

Xantar será o espazo elixido para dar a coñecer distintas iniciativas como é o caso do programa “Come Ourense” 

Poñer en valor, a través das distintas actividades organizadas, os produtos sostibles, saudables e innovadores, ademais de continuar fomentando o turismo de proximidade e a competitividade no sector da gastronomía e hostalería. Estas foron as principais conclusións ás que chegou o comité asesor de Xantar, integrado por distintos axentes sociais públicos e privados vinculados á gastronomía e ó turismo, que se reuniron en Expourense para definir o programa de actividades da vindeira edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar no recinto feiral ourensán entre o 4 e o 8 de marzo de 2015.

Xantar será o espazo elixido para dar a coñecer distintas iniciativas como é o caso do programa “Come Ourense” promovido pola Concellería de Medio Ambiente de Ourense e que fomenta a agricultura ecolóxica en terreos sen outro uso.

Ademáis, co obxectivo de difundir hábitos alimenticios saudables e equilibrados entre os máis pequenos, realizaranse en Xantar varias actividades enmarcadas no Programa Xermola de prevención da obesidade infantil que promove a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e tamén no programa “A Aventura está no mar” da Consellería do Mar e que anima ao consumo de peixes, mariscos e conservas.

Te puede interesar