Xinzo prepara o 'Oleiro' co Colgamento do Meco

O 'Colgamento do Meco' centrou a atención de veciños e visitantes de Xinzo de Limia durante a xornada de onte, segundo sábado de Entroido, no que é un entremés deste Domingo Oleiro, no que as potas serán lanzadas ao aire por pequenos e maiores na Praza Maior.
O popular Meco percorreu as rúas da zona vella da vila acompañado de teas e o son das charangas, partindo do Museo galego do Entroido -onde permanece aberta a exposición de carteis de Entroido, que prolongarase todo o mes de febreiro- para desenrrolar o seu percorrido polas rúas Dous de Maio, Constitución, Igrexa Vella, Estación de autobuses e avenida de Ourense ata chegar á Praza Maior da vila.

Os capuchones clásicos e o vestiario dos anos 20 e 30 do pasado século foron a nota dominante durante todo o percorrido.

Esta tarde, a Praza Maior de Xinzo acollerá o xogo das olas, primeiro cos máis pequenos, a partir das 15,30 horas, e máis tarde coa participación dos maiores, ás 17,00 horas.

Te puede interesar