Xogos, música e lecturas no Ribeiro, Molgas e Carballiño

Aunción Rivero, Carlos Montes e Manuel Dacal. (Foto: Martiño Pinal)
Carballiño, Ribadavia e Baños de Molgas celebraron o Día das Letras Galegas con diferentes actos nos que se exaltou a obra de Uxío Novoneyra e se reivindicou o uso da lingua. Ás 18.30 horas, a igrexa de Baños de Molgas foi o escenario, con tal motivo, da actuación da cantante de fados María do Ceo e, tamén, da interpretación de varias pezas musicais a cargo da coral da localidade.
No Carballiño, a actividade iniciábase a partires das 12.30 horas, na Praza Maior, onde o alcalde Carlos Montes diu lectura a un manifesto para pedir o apoio das institucións ó idioma galego e o seu uso habitual por parte da poboación. Participaron a Escola municipal de Gaitas e a Coral Polifónica do Casino. Rematando coa entrega de lotes de libros ós gañadores do concurso de pegatinas en defensa da lingua.

En Ribadavia, tivo lugar unha sesión de lectura continuada no salón de plenos, mentres na Praza Maior se instalou unha exposición de libros e os rapaces disfrutaron co Xogo das Letras Galegas.

Te puede interesar