Director Citi

XOSÉ ANTÓN VILA: 'Existe unha eiva na difusión do traballo investigador fóra do ámbito científico'

Xosé Antón Vila, o venres na Escola de Informática (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Con ilusión e ganas de seguir traballando pola investigación en Ourense, Xosé Antón Vila comeza unha nova etapa na súa carreira á fronte do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación.
En que liñas traballará como director do centro?
De momento teño algunhas ideas. En canto ó uso do espazo creo que é precisa unha reorganización para poder aproveitar máis o edificio. Polo demais, unha das cousas nas que debemos traballar para atraer máis grupos alí. Pode ser pola ubicación, pero o feito de estar ó lado das empresas tamén debe empregarse para fixar alí a investigación. Polo de agora, quero coñecer o máis posible o que fai cada grupo de traballo do Campus para que cando, por exemplo, saian publicadas axudas, ver cal se adapta mellor a elas. Considero tamén que existe certa eiva na difusión entre o ámbito non científico e o coñecemento que os grupos de investigación teñen entre eles.

Quizais pecan de estar cada un traballando sen mirar o que fan os demais?
Eu percibo un salto bastante grande entre grupos. Hai algúns que teñen moita forza e outros que teñen dificultade para proxectarse fóra e conseguir axudas.

Os tempos están amezando á investigación?
A falta de fondos nótase en todo, pero na investigación tamén. Hai gastos ineludibles, como a Sanidade ou a Educación e ó final recórtase neste tipo de partidas. Os investigadores estámolo notando moitísimo e estase poñendo moi difícil iniciar carreiras neste eido.

Tereino que analizar polo miúdo, pero potencialidades hainas. Aquí non se invirte moito en I+D e iso pode ser un atranco, pero tamén unha vantaxe. En tempos de vacas gordas dedicámonos á investigación de base e ata agora non se ten profundizado en campos aplicados. É un bo momento para comezar a traballar coas empresas.n

Te puede interesar