ENTREVISTA

Xosé Carballido: “A protección que ten esta vila vólvese en contra en ocasións"

Ourense 19/3/18
Foto entrevista a Xosé Carballido,nueno presidente AAVV Seixalbo

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Xosé Carballido.

O novo presidente da A.VV. San Breixo de Seixalbo explica a súa postura e visión da presidencia da asociación veciñal

A asociación veciñal San Breixo de Seixalbo renovou este domingo a súa directiva, apostando polo continuismo pero cun relevo na presidencia, asumindo o timón Xosé Carballido, ata agora vicepresidente, que tivo o respaldo do 70% do censo.

Por que asumir o liderado?

A presidenta anterior (María Nóvoa) dixo que só quería estar catro anos. Un grupo de xente pensou en min, reflexionei e acordamos facer unha candidatura, pero mantendo a experiencia dos que xa estaban, porque sempre é máis fácil.

Que necesita Seixalbo?

Queremos ser portavoces das inquietudes da xente. Temos problemas como o da fibra óptica, que estamos incomunicados. A protección que ten esta zona tan bonita vólvese en contra en ocasións, con limitacións. A fibra queda na entrada do Casco Histórico, sabemos que o Concello fai xestións para que sexa unha realidade. Outro tema importante é o acceso de axudas á rehabilitación ou o dos baixos comerciais, que co PERI, aínda que o permite, choca con que non se poden tocar os edificios. Algunas iniciativas non saen adiante.

Non saben nada das rehabilitacións?

Non, por iso pediremos unha reunión no Concello para saber por que non se aprobaron as bases da subvención. Hai proxectos e a xente está dudosa e temerosa de embarcarse, porque son obras moi costosas. Queremos seguridade. As rehabilitacións xeneran riqueza, atoparse algo bonito, arreglado, anima a instalarse a máis xente.

Pese a todo, hai moita vida na vila.

Sempre a houbo, pero hai que incrementar as actividades lúdicas e culturais que a organización fai, como a Semana Cultural, que é un clásico xa, con 30 edicións. A última durou case un mes. A xente de Seixalbo sempre foi moi participativa.

Síntense ben atendidos?

Sempre se atenderon as nosas reivindicacións, porque sempre soubemos estar presentes para non ser esquecidos.

En semanas comenzará a reforma da OU-105. É o proxecto que esperaban?

É un proxecto bastante mellorable, pero o aceptamos. A nosa intención era ter un bulevar, pero é bo que haxa só dos carrís, cunha vía ciclista. Pero é pouco ambicioso.

Preocupa o impacto do AVE?

Gústanos que chegue a Ourense, pero a Seixalbo non lle beneficia, aumentará o terreno expropiado e cortará máis en dous a parroquia, pero o aceptamos como mal menor. Gustaríanos que non se fixera o trazado provisional, senón a variante exterior, e liberar a vía actual para un tranvía, que si que sería beneficioso. 

Te puede interesar