O Concello dona alimentos e roupa a familias de Cortegada

O Concello de Cortegada ven de asinar un convenio coa Fundación Amigos de Galicia, a través do cal esta Fundación atende as necesidades alimentarias das familias con fillos menores en idade escolar, cuxa situación económica é actualmente precaria. O obxectivo é que os nenos de Cortegada teñan unha alimentación adecuada ao seu desenvolvemento psíquico e físico. Así, tódolos meses se lles entrega un lote de alimentos suficientes e adecuados, dependendo das condicións familiares.

Tamén dende Servizos Sociais se está levando a cabo unha campaña de recollida de roupa e de alimentos, neste último caso, en colaboración cos supermercados. Os compradores depositan productos nos establecementos, que posteriormente serán entregados ás familias con ningún ou escasos recursos económicos. n

Te puede interesar