A 'dama da canción galega' editou 32 discos, presentou programas e actuou en televisión

Ana Kiro falece aos 68 anos tras unha exitosa carreira

A artista María Dolores Casanova González, coñecida para o público como Ana Kiro, faleceu onte aos 68 anos dun cancro que a tivo estes últimos anos retirada dos escenarios, nos cales alcanzou fama con temas como o coñecido 'Galicia, terra meiga'. Segundo confirmou a alcaldesa en funcións de Oleiros (A Coruña), María José Varela, o concello onde residía a coñecida cantante e presentadora puxo a disposición da familia o auditorio municipal García Márquez, onde foi instalada a capela ardente.
Aínda que natural de Arzúa, de onde era filla predilecta, Ana Kiro levaba en torno a unha trintena de anos residindo na zona de Mera, no municipio de Oleiros. A popular voz de palco de orquestra e romarías recibirá hoxe sepultura, como era a súa vontade, no cemiterio parroquial de Serantes, en Mera, despois da despedida que se lle tributará no auditorio municipal García Márquez, que conta con capacidade para 400 persoas sentadas.

A carreira de Ana Kiro iniciouse en Barcelona. Tras varias xiras con cantantes de múxica lixeira, como José Guardiola, participa en distintos concursos musicais e despois empeza a traballar como vocalista do programa de Televisión Española, 'Galas del sábado', presentado por Joaquín Prat e Laura Valenzuela.

A comezos dos 70 realiza as súas primeiras viaxes a Galicia e coñece ao compositor Manuel Muñiz. Este adapta un tema popular, en 1973, e cédello a Ana Kiro. Trátase de 'Galicia, terra meiga', un éxito total do que se chegan a vender 100.000 copias e que lle abre as portas da emigración con concertos en Suiza, Alemania, Francia e Sudamérica.


FESTAS POPULARES

Kiro posúe unha das máis amplas carreras discográficas de Galicia xa que conta con 32 discos editados. Esta faceta musical complétaa coa de presentadora na TVG nos programas 'Toda unha vida' e 'Tardes con Ana'. Posteriormente participa como actriz protagonista na serie 'A miña sobra e máis e'.

No 2006 detectouselle un cancro que a apartou dos escenarios e os platós. Sen embargo, seguirá sendo a musa das festas populares.

Te puede interesar