Novos artistas galegos poderán formarse de balde no Gaiás

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia abriu, ata o próximo 15 de xullo, o prazo de inscrición para participar no 'I Encontro de Artistas Novos. Cidade da Cultura' que terá lugar no Gaiás do día 4 ao 9 de setembro. Segundo explicou a Xunta de Galicia, as bases para efectuar a inscrición poden descargarse xa na web: www.cidadedacultura.org/programacultural.
O encontro, no que 100 novos creadores convivirán seis días con artistas xa consolidados, está dirixido a novos artistas galegos, do resto de España e outros países, co idades entre 18 e 35 anos e ser estudantes, licenciados en Belas Artes ou titulacións afíns, ou cunha traxectoria artística acreditada.

A Fundación pagará os gastos dos seleccionados que asitirán a conferencias, talleres da arte contemporánea e ao 'Foro Aberto', onde 30 creadores mostrarán os seus proxectos.

Te puede interesar
Más en Sociedad