O tradicional lume dos fachós purificou a vila de Castro Caldelas

photo_camera Castro Caldelas celebró, como es costumbre cada 19 de enero, la tradicional Festa dos Fachós. Una celebración que, pese a las inclemencias meteorológicas, ha vuelto a iluminar las calles de la villa
A festividade que honra ao San Sebastián enche de lume, música e gastronomía a vila

Máis de medio milleiro de fachóns arderon onte na comarca de Caldelas durante unha das noites máis esperada para os veciños, que non se quixeron perder nada da tradición. como consecuencia da chuvia, os asistentes contaron con tres carpas para sortear as inclemencias do temporal trala procesión polas rúas da vila acompañando ao fachón xigante, duns 40 metros de lonxitude, que como cada ano atrapou as miradas de todos os asistentes á festa.

“Sabemos que esta é unha festa ao aire libre, pero este ano vendo a previsión, quixemos asegurar que a xente disfrutara da festa e instalamos as carpas” sinalou la alcaldesa  de Castro Caldelas, Sara Inés Vega. Esta exaltación do lume estivo acompañada dun apartado gastronómico no que se degustaron máis de 2.500 chourizos, acompañados de viño da Ribeira Sacra que se repartiu en cuncas de barro. Un menú que se degustou por 3 euros.

A Festa dos Fachós lembra unha gran peste que afectou á  comarca arredor de 1763, comezou cando caíu a noite prolongándose ata altas horas. Arrancaba no adro da igrexa coa procesión do fachón precedido polo San Sebastián de palla e rodeado polos asistentes, portando os fachóns máis pequenos.

Tras chegar ata o castelo voltaban ao punto de partida onde ardeu o resto do fachón nunha gran cacharela. Foi, outra edición máis, una noite con música a cargo do grupo local Os Trabazos, e dúas charangas do municipio trivés, TDB, e a recén estreada El Tattoo. O seu son acompañou a procesión e continuou baixo as carpas animando a festa.

Te puede interesar