Manzaneda acolle unha nova quenda de EsquiOU

Os cativos de Trives esquiando coa súa alcaldesa.
photo_camera Os cativos de Trives esquiando coa súa alcaldesa.
De luns a xoves, a Estación permanecerá aberta con tarifas reducidas

Este luns os nenos das comarcas do Ribeiro e O Carballiño chegaban á estación para disfrutar do programa de EsquiOU. Os cativos desta quenda poden practicar o deporte do esquí grazas á neve artificial, comezando a súa xornada cun día de moi baixas temperaturas, pero moi soleado.

Na xornada de onte, os rapaces dos colexios de Manzaneda e Trives tamén se achegaron ata a estación disfrutando da neve, estes últimos acompañados nas súas clases de esquí pola alcaldesa Patricia Domínguez.

De luns a xoves, a Estación permanecerá aberta para todos os públicos con tarifas reducidas. O prezo de acceso por día pasa dos 27 a 22 euros, nun horario de 10 da mañá ás 5 da tarde.

O aluguer de material é de 9 a 16,30 horas e os visitantes terán dispoñibles a telecadeira e o servizo de restauración da estación.

Te puede interesar