UNIVERSITAS

O curso 2015-2016 terá 171 días de actividade docente

cg1_result
photo_camera Un momento do Consello de Goberno, onde se aprobou por unanimidade o próximo calendario.

Na sesión do Consello de Goberno, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, manifestou a súa satisfacción pola continuidade da Universidade no ránking Times

O 1 de setembro dará comezo o curso 2015-2106 na Universidade de Vigo. O curso académico, segundo o calendario aprobado polos membros do Consello de Goberno, prolongarse ata o 30 de xullo de 2016, se ben as actividades académicas estarán distribuídas en dous cuadrimestres: o primeiro do 1 de setembro ao 20 de xaneiro e o segundo, do 21 de xaneiro ao 31 de maio. Serán 171 días de actividade docente, no que o 29 de xaneiro, celebración do día de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade, terá carácter festivo.

Os centros determinarán a data de inicio da actividade para cada título de grao que imparten e terán unha xornada festiva, que se trasladará a luns ou venres no caso de non coincidir a celebración eses días. A docencia interromperase do 23 de decembro ao 8 de xaneiro; o 8 e o 9 de febreiro e dende o luns 21 de marzo ao sábado 26 de marzo. No caso do Centro Universitario da Defensa as actividades académicas desenvolveranse nun primeiro período do 3 de setembro ao 21 de decembro en un segundo do 11 de xaneiro ao 20 de maio.


O calendario do vindeiro curso académico contou co apoio da totalidade de membros do Consello de Goberno, que xa na quenda de intervencións achegaron de xeito individual propostas referidas a cuestións como que os períodos de matrícula se adecúen ao calendario. En relación con estas propostas o reitor manifestou a súa disposición a estudalas e sometelas a consulta das partes implicadas.

Te puede interesar
Más en Universitas