UNIVERSITAS

Fomento do espírito empresarial entre o alumnado universitario

O obxectivo co que se reuniron en Vigo unha vintena de expertos procedentes de 11 países, entre os que se atopan puntos tan distantes como México, Xapón, Finlandia ou Rusia.

 Atopar as mellores fórmulas coas que conseguir incrementar o número de empresas que se xeran no ámbito universitario e fomentar o espírito empresarial do alumnado de enxeñaría foi o obxectivo co que se reuniron en Vigo unha vintena de expertos procedentes de 11 países, entre os que se atopan puntos tan distantes como México, Xapón, Finlandia ou Rusia. Participaron na Escola de Enxeñaría Industrial na reunión anual de GE4 (Global Education: Exchanges for Engineers and Entrepreneurs), unha asociación sen ánimo de lucro posta en marcha a finais da década de 1990 e que foi tecendo unha rede de intercambio de estudantes de enxeñaría entre máis de 60 universidades e institucións dos cinco continentes, e á que Vigo se uniu hai apenas tres anos, “abríndolle así as portas ao alumnado das nosas escolas de enxeñaría a múltiples destinos, sobre todo asiáticos, e a aqueles que a eles lles resultan máis atractivos como son Xapón, China e Singapur”, tal como subliñou durante a reunión a profesora viguesa Elena Martín, membro do comité organizador e coordinadora desta rede na escola.

Te puede interesar
Más en Universitas