entrevista

"A absorción de Caixa Ourense desviou fondos seus a outras zonas de Galicia e do Estado"

felixSS
photo_camera Félix García, co seu libro.

Despois de escribir sobre a historia máis local, a de Valdeorras, o historiador e escritor barquense, Félix García Yáñez, se decidiu a encher un baleiro no mundo da economía provincial co libro "Caixa Ourense (1933-1999). Sete décadas de aforro popular provincial"

Que nos conta no seu libro?

A historia de Caixa Ourense, da única entidade galega tradicional de aforro popular que non foi contada. Caixa Galicia, Caixa Vigo, Caixa Pontevedra e Caixa Ferrol teñen a súa historia. Faltaba e dediqueime a buscar en arquivos toda as fontes documentais.

Abarca toda a historia da entidade?

Ata a absorción de Caixa Ourense por Caixa Vigo. Trata a historia desde o ano 1933; cando se fundou, aínda que comezo algo antes. Analizo os intentos anteriores de crear unha caixa de aforro popular na provincia. Falo do intento da Iglesia, a principios do século, e de varios proxectos da década de 1920 para crear unha caixa de aforros. Era a única provincia de Galicia que non a tiña.

Que papel xogou Caixa Ourense no desenvolvemento provincial?

É o problema que me levou a estudar a caixa. As grandes remesas da emigración non redundaron como deberían no desenrolo da provincia. A finais da década de 1960 tiñamos a segunda caixa en introdución de divisas do estranxeiro e eramos a penúltima provincia en desenrolo. Seguimos sendo das últimas. Houbo intentos de solo industrial, promocións gandeiras, mais todo foise ao traste coa crise de 1973, e máis cando se descubriu a mala xestión dos xestores. Subiu a caixa desde niveis mínimos, mais provocou a súa intervención polo Banco de España.

A absorción serviu para algo?

Creo que o intento de Ferrer de opoñerse a fusión con Caixa Vigo era bo para os intereses de Ourense. O presidente Ferrer tiña unha idea moi provincialista das inversións e, ao morrer, en 1998 propiciou a absorción por Caixa Vigo. Foi un home que loitou pola provincia e que os investimentos quedasen nela. A súa morte significou que o control de Caixa Vigo desviou os fondos e recursos que tiña Caixa Ourense a outras zonas de Galicia e do Estado.

Te puede interesar