O PP solicita axudas para contratar o seguro agrario

Daños causados por la helada en una cepa.
O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco vén de presentar unha proposición non de lei a través da que insta á Xunta a seguir desenvolvendo cantas medidas de apoio sexan necesarias para incentivar a contratación de seguros agrarios, co obxecto de avanzar no proceso de inclusión no seguro de todolos sectores produtivos e dos riscos naturais que afectan ás explotacións.
Moisés Blanco explica que a contratación deste tipo de seguros 'permitiría paliar as perdas provocadas polas xeadas nas últimas semanas en comarcas como a ourensá de Valdeorras e, máis en concreto, nos viñedos de Rubiá, O Barco, Larouco e O Bolo'. En concreto, fixo referencia ás estimacións feitas polo propio Consello Regulador, que estimou que estas circunstancias puideron ter provocado a perda de ata un 80 por cento da colleita nos viñedos.

Te puede interesar