PROVINCIA

Trives pon en servizo un ‘minipunto limpo' urbán

Trátase dun colector que permite reciclar sete productos diferentes

O Concello de Trives puxo onte en servizo un minipunto limpo que permitirá a reciclaxe integral dun total de sete productos. O contedor atópase ubicado na rúa Marqués de Trives, co que se facilita o acceso dos cidadáns ó mesmo. Segundo sinala o alcalde trivés, Francisco José Fernández, este minipunto limpo urbán está fabricado en aceiro de máxima calidad, vidro laminado de seguridade e depósitos interiores en tubos independentes para recoller os diferentes residuos.

Cada un destes espazos pode recoller un total de sete productos diferentes mediante outras tantas entradas direccionadas a depósitos independentes. Dous dos setes depósitos cos que conta o colector están destinados a recoller todo tipo de pilas que deixen os veciños, desde as convencionais, ás alcalinas, as de petaca e as de botón, así como as baterías dos teléfonos móbiles.

Outro depósito, será só para recoller os teléfónos móbiles, mentres que un cuarto recipiente será para CDs e DVDs. Os outros tres depósitos servirán para reciclar cartuchos de impresora de inyección, lámpadas de baixo consumo, e residuos de aparatos eléctricos ou electrónicos que leven pilas ou se poidan enchufar a corrente. A maiores, segundo sinala o rexidor trivés, queda como alternativa calquera outro producto de parecidas dimensións que o Concello propoña e cuxa recollida e posterior reciclaxe sexa viable.

Unha das caras do minipuntolimpo será esponsorizada por empresas, que poderan situar na mesma a súa publicidade nunha das dúas ventás de vidro que leva incorporadas a estructura.

Coa colocación deste novo servicio de reciclaxe, "o que pretende o Concello de Trives é acercar a recollida selectiva aos veciños, optimizando o espazo na vía pública coa recollida de sete productos inservibles nun só colector", segundo sinala Francisco José Fernández Blanco.
 

Te puede interesar