A arte de planchar unha camisa

‘Yo soy yo y mis circunstancias, quien me quiera así aquí estoy, quien no, que pase de largo, a ser posible sin molestar’.
A sí definía a súa situación persoal o Armandito da Saladina, recordando a famosa frase de Ortega y Gasset. E non era para menos. Porque as súas ‘circunstancias’ dan moito de sí. E entre elas están as dos excesos e as carencias.

Das primeiras o Armandito sempre andivo sobrado. Elegante, ben parecido, e con cartos abundantes no peto, nos seus tempos mozos non daba abasto coas súas conquistas, aínda non baixaba unha do coche xa tiña dúas rúas máis aló outra esperando para montar. Co paso do tempo as ‘circunstancias’ foron cambiando, vivindo unha situación de semi soedade, apañándose como pode. Hai cousas que se lle dan ben, pero con outras asegura estar ‘en permanente conflicto’.

E o maior conflicto tíñao á hora de pasarlle o ferro á roupa. Cos pantalóns asegura que se vai apañando, xa que patentou un sistema que lle da moi bós resultados, colócaos debaixo do colchón e asegura que en dous días ‘están perfectos’. Pero coas camisas... ‘hai amigo... as camisas é no primeiro que se fixan as mulleres’. Aquí coméntalle a outro contertulio se coñece a maneira de afacerse cun muñeco como os que tén nas fábricas de roupa en que lle vesten a camisa e, asegura ‘cun fssss xa está planchada. Sería acojonante’.

Eu tal cousa escoitara, pero se él o dí será verdade. O interlocutor chamou a un terceiro e díxolle: ‘Ei, Ramón, aquí o Armandito quere comprar un muñeco deses que se hinchan para planchar as camisas, ¿tí non compraras un?’.

O Ramón quedouse un pouco pensativo avaliando a situación, e dixo todo cheo de razón: ‘Home, non sei se serviría para o que quere, amáis a miña era unha femia’.

O Armandito, que xa estaba embalado co do muñeca, preguntoulle se non lla deixaría para probar a ver, ante o que o Ramón lle contestou: ‘Pero tí toleaches, ¿onde viches planchar camisas cunha muñeca hinchable? Ademáis, tireina ó lixo’.

Como todos quedamos estupefactos polo que dixera, terminou explicándose: ‘Non había maneira de satisfacela, cando eu xa estaba totalmente vaciado ela continuaba pedíndo ¡más, más!’.

Te puede interesar