Baltar acolle unha exposición nacional de mastín español

"Ao longo do ano son 9 ou 10 probas por todo o territorio e esta é a única celebrada en Galicia", expica José Antonio Fernández, coordinador do evento.

Na mañá do sábado vindeiro, Baltar acollerá a XIII Exposición Monográfica del Mastín Español.  A delegación galega da Asociación Española del Perro Mastín Español organiza este evento na vila limiá. Preto dun cento de persoas chegadas de toda España se reunirán cos seus exemplares para valorar a morfoloxía e movemento dos animais. Así mesmo, xuíces especialistas determinarán quen leva os recoñecementos nunha proba que computará para o campionato nacional. "Ao longo do ano son 9 ou 10 probas por todo o territorio e esta é a única celebrada en Galicia", expica José Antonio Fernández, coordinador do evento.

O concello de Baltar, así como a Deputación de Ourense, colaboran nesta cita anual aportando material e recursos. "A verdade é que é bonito ver no noso concello a xente de toda España, de Andalucía, de León...", sinala o rexedor popular José Antonio Feijóo.

As probas realizaranse pola mañá na área recreativa do Caneiro, o mesmo recinto onde se celebrou o Larouco Fest. Logo das probas, o consistorio ofrecerá un xantar popular. Despois de media docena de edicións celebradas neste concello da raia, o alcalde conclúe que "para nós é un orgullo, porque antes o celebraban en vilas máis grandes e aquí din sentirse cómodos".

Te puede interesar