A pesar de que as Xornadas levan xa uns días percorrendo a provincia, os participantes visitaron onte o Pazo Provincial, onde os recibiu o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández

O carácter oficial do folclore

Olga Mojon, Julio Fernández e Rosendo Fernández (centro), cos membros dos grupos participantes nas Xornadas de Folclore. (Foto: JOSÉ PAZ)
Os grupos participantes nas Xornadas do Folclore adoitan vestir a mañá 'de paisano' e reservar para as horas da tarde as galas típicas de cadanseu país de orixe. Pero hai un día especial no que unha parella de cada conxunto co seu respectivo director escolle o seu mellor traxe e desprázase ata o Pazo Provincial. Alí son todos recibidos polo vicepresidente da Deputación (posto que, normalmente, o presidente colle as vacacións durante o mes de agosto), que lles dá a benvida á provincia.
Este acto tivo lugar na mañá de onte e, por primeira vez, foi Rosendo Fernández, en calidade de vicepresidente, quen saludou un por un ós grupos xunto ó director artístico, Julio Fernández Senra, e a directora das Xornadas, Olga Mojón. Un discurso de benvida que Fernández Senra se encargou de traducir ó inglés e no que o vicepresidente provincial calificou o festival folclórico como un 'elemento dinamizador para esta etapa veraniega'.

Antes de darlles a benvida ó 'ayuntamiento de ayuntamientos de la provincia', Rosendo Fernández aproveitou para felicitar a grupos e organización polo éxito conseguido nas actuaciones que se teñen celebrado nesta XXVIII edición das Xornadas do Folclore en Ourense.

Foi o propio Julio Fernández quen chamou un por un ós conxuntos para que Rosendo Fernández lle fixera entrega dun diploma e unha figura dunha roda de afiar. Ademais de recibir os correspondentes recordos de cada país, o vicepresidente dedicoulles unhas palabras individuais a cada un. Entre as anécdotas, Fernández comentoulle ó grupo colombiano que os seus compatriotas constituén un dos colectivos procedentes de Sudamérica con maior presencia en Ourense.

Te puede interesar