A compañía Matarile Teatro e Manuel Lourenzo recibirán os premios 'Abrente' de honra e de textos teatrais no Castelo

A MIT baixa o telón nesta nova era

Unha das figuras míticas da dramaturxia galega recibirá hoxe unha homenaxe da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia. Nada máis e nada menos que o lugués Manuel Lourenzo, un dos recuperadores da escea galega, e que a criterio do xurado fíxose acredor da quinta edición do Premio Abrente de Textos Teatrais, pola súa obra 'Aquelas cousas do verán'.
O veterán autor, actor, director e traductor non estará só esta noite no Auditorio do Castelo, xa que outros dous compañeiros de profesión, Ana Vallés, tamén actriz, directora e dramaturga; e Baltasar Patiño, iluminador e deseñador escénico, estarán con el. A conxunción do traballo interpretativo e escenográfico desta parella na compañía Matarile Teatro, dende a súa fundación en 1986, será galardonada co Premio de Honra Abrente 2010. Ó escenario da fortaleza medieval tamén acudirá Antonio Durán, 'Morris', non no seu recente papel como alcalde comunista, senón como presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.


COPRODUCCIÓN

Así, un pouco antes das 23.00 horas, a MIT celebrará a súa gala de clausura tras oito intensos días de representacións nunha vixesimo sexta edición, marcada pola incorporación de espectáculos dos máis destacados creadores escénicos de Europa e do mundo, coma foi o caso do polaco Staniewski e o seu 'Iphigenia in Aulide', ou Pippo Delbono, Premio Europa, que ofreceu 'Racconti di giugno'. Ademais, está a aposta persoal de Roberto Pascual, o director da Mostra, de apoiar as mellores propostas profesionais de Galicia co xeito de fomentar a producción escénica de calidade, un proxecto concretadao na coproducción 'Na meta. Sálvese quen poida', protagonizada por Ónfalo Teatro baixo a dirección de Alfonso Becerra.

Nesta nova era, a organización tamén puxo en cartel espectáculos de Chile, Arxentina, México, Cuba e Colombia, co patrocinio do programa Iberescena. Pero os espectadores terán o seu protagonismo coa entrega do premio ó mellor espectáculo, tra-lo reconto das votacións que realizaron no remate de cada función. No acto seguramente esté presente, nunha das cadeiras, o espíritu de Rubén García Álvarez, para acompañar ós seus cun forte aplauso.

Te puede interesar