A primeira expedición xa partiu cara á reserva natural, na que estarán ata o vindeiro 27 de agosto
Un cento del rapaces de Verín participarán este ano nos campamento que promove o Concello verinense no Parque Natural do Invernadoiro. A primeira expedición xa partiu onte cara á reserva natural e está integrada por nenos e nenas conidades comprendidas entre os 9 e os 15 anos.
Esta iniciativa está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello e a súa finalidade é conseguir que os rapaces coñezan a natureza, impulsando o respecto pola mesma mediante actividades lúdicas e educativas, ademáis de coñecer a importancia da reciclaxe e aconvivencia con otros mozos e co entorno.
Co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e a conservación da flora e da fauna, por participantes no campamento realizarán, a través do xogo e a diversión, rutas de sendeirismo polas zonas de interese do Parque Natural do Invernadoiro, así como actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formtivas e de convivencia.
Dada a gran demanda que alcanzou este ano o Campamento, a Consellería de Mocidade decidiu organizar unha quenda extraordinaria, que comezará o día 27 de agosto e rematará o 1 de setembro, e que constará con outras 50 prazas.
Os rapaces que participan na primeira expedición ó Invernadoiro foron despedidos onte pola mañá polo tenente de alcalde e portavoz do Concello de Verín, Diego Lourenzo.