Portela rememorou ao poeta Florencio Delgado

Paco Campos, no espectáculo de Portela.
photo_camera Paco Campos, no espectáculo de Portela.

Os veciños de Portela (Vilamartín de Valdeorras) disfrutaron co espectáculo do actor valdeorrés Paco Campos, no que da vida a Florencio Delgado Gurriarán no escenario da Aira dos Bolos. A cita desenvolveuse na localidade de Xosé Gayoso, un dos fundadores do Instituto de Estudios Valdeorreses e gran amigo do escritor de Córgomo elexido pola Real Academia Galega para protagonizar o Día das Letras Galegas 2022.

O espectáculo desta terceira xornada das Noites de Florencio foi producido por Social Docs e Domingo D. Docampo e titulado “Cantarenas na noite”. Durante o mesmo, os veciños puideron asistir á representación dunha conversa con Paco Gayoso, na que Paco Campos bota man da guitarra. Na obra, o actor fixo un repaso da vida e poesías de Florencio Delgado, aparecendo tamén as voces do arquivo sonoro de Ricardo Gurriarán. O público también puido contemplar imaxes da comarca e rostros do exilio e a represión franquista, sen esquecer referencias ao seu país de acollida, México, e á súa terra natal.

No espectáculo, Noites de Florencio repartiu o trítpico denominado “Ledicia de Córgomo” entre o público, un documento que lembra o ano 2022, por terse dedicado o Día das Letras Galegas a Florencio Delgado.

Te puede interesar