VERANO

Rondallas e coros no Festival de Habaneras do Carballiño

photo_camera Diego Fernández, Emilio Rodríguez e Christian Casas durante a presentación do festival.

Está organizado polo Orfeón do Carballiño e terá lugar o vindiero 1 de agosto, no auditorio municipal

O Orfeón do Carballiño organiza a 23 edición do Festival de Habaneras, que se celebrará o vindeiro 1 de agosto, no auditorio do edificio multifuncional. O edil de Cultura, Diego Fernández, xunto co director do Orfeón, Christian Casas, e Emilio Rodríguez, membro da coral, presentaron o programa que reúne no Carballiño á Rondalla Alfaia de Cenlle, a única rondalla en activo da provincia de Ourense; o Coro Voz del Pueblo (Guarnizo de Cantabria); Rondalla Club de Campo (Ferrol, A Coruña) e o Orfeón anfitrión, a partir das 20,30 horas, e con entrada gratuita para o público.

Diego Fernández agradecía ó director do Orfeón o seu labor, levando o nome da vila de Carballiño por todo o mundo, e animaba á agrupación a seguir nesta linea, ofrecendo todo o apoio que poda dar o concello. Cada ano este festival homenaxea a unha persoa ligada co mundo da música e a cultura galega, e nesta ocasión será Esther del Río Baña, funcionaria galega en europa “que levounos o Orfeón moitas veces a Alemania, e que sempre apostou pola música galega", manifestaba Emilio Rodríguez, que o mesmo tempo invitaba a asistir a este festival, asegurando que non defraudará, e que rematará con unha actuación conxunta dos coros participantes e do público.

Te puede interesar